Magosto Parroquial 2023

Despois de varios anos sen celebralo este sábado día 25 de novembro, ao rematar a misa das 19:30h. recuperamos o Magosto parroquial coa actuación do grupo de Baile e Gaitas da parroquia..

A música e o baile acompañarán no Obradoiro Cultural ás ricas castañas.

Agardámoste!

Magosto_2023_01

Image 1 De 29

Recorda:

  • Este sábado 25 de novembro tamén teremos reunión do Secretariado da Pascua Xoven ás 10:30 e ensaio dos músicos todo o día.
  • Sábado 3 de decembro ás 19h. no Auditorio de Vilagarcía terá lugar o Concerto Solidario Cáritas Arousa
  • O sábado 16 de decembro celebraremos o Festival de Nadal da Catequese.
  • Temos á venda a Lotería de Nadal da parroquia.