Inicio do Curso 2023-2024

Parroquia:

  • O sábado 7 de outubro Reunión de catequistas.
  • O domingo 8 de outubro ás 10:30h. comezamos a catequese..

           Podes descargar a inscrición-matrícula para a catequese parroquial  e entregala ás catequistas na sacristía.

          Os pais dos rapaces que comecen este ano por primeira vez a catequese na nosa parroquia, deberán falar previamente co párroco.

          Horario de despacho: os martes, mércores e xoves de 20:00h. ás 21:00h.

           Prazo de inscrición: do 17 de setembro ao domingo 29 de outubro.

  • Primeira convocatoria para os mozos de Confirmación (1º e 2º curso) o xoves 26 de outubro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural.
  • En breve chegará a lotería de Nadal á parroquia. Non esquezas comprala!


Asociación Cultural:

  • Sábado 25 de novembro despois da misa de 19:30h no Obradoiro Cultural teremos o Magosto Parroquial coa actuación do Grupo Folclórico.
  • Sábado 23 de setembro ás 20:30h no Obradoiro Cultural teremos a actuación do Taller de Teatro Clámide coa obra Temidas Teimas.

Clamide_Temidas_Teimas_2023_01

Image 1 De 35

Pascua Xoven Arousa:

  • Reunión do Secretariado da Pascua Xoven o sábado 30 de setembro.
  • Reunión do Grupo Font-Xunq da Pascua Xoven o sábado 28 de outubro ás 20:30h.

 

Grupo Folclórico:

  • Os sábados á tarde o Grupo Folclórico terá os seus ensaios no Obradoiro Cultural.

 
Anímate e ven a gozar con nós dos cantos, música e bailes tradicionais.