A 50 Edición da Pascua Xoven Arousa xa ten cartel

Xa temos cartel da Pascua Xoven de Arousa para o ano 2023. Esperamos que vos guste, xa que esta edición é moi espacial ao cumprir 50 anos de presenza; somos a Pascua Xoven decana en Galicia e en todo o Estado, un motivo para a ledicia e para facer unha edición moi intensa, festiva, agradecida e con moita creatividade.
Se aínda non tedes grupo na vosa parroquia, a que esperades para vos apuntar e participar?
Contamos con todos os que pasastes por aquí nestas 5 décadas e con todos os que aínda non puidestes coñecernos.

 

Vémonos na Pascua Xoven Arousa 2023!