XIV Concurso de Beléns 2022

Para participar no 14º Concurso de Beléns debes enviar unha foto do teu belén no que apareza unha imaxe dunha celebración túa na parroquia ou unha foto túa con D. Manuel (que este ano celebra os seus 25 anos como párroco)  á nosa dirección: parroquia@axunqueira.com
Lembra poñer no correo o teu nome e o curso da catequese, así coma tamén o nome da túa catequista.
Se participas no concurso, o día 25 de Nadal ás 12:30h. na eucaristía agárdache unha sorpresa.
Tes de prazo ata o 21 de Nadal de 2022.
 Esperamos o teu belén!

 

Parroquia

O sábado 26 de novembro ás 19:30h. teremos a eucaristía de Santa Cecilia cantada pola coral parroquial.

O venres 9 de decembro teremos Reunión da Asociación Cultural ás 20h.

O venres 9 de decembro teremos Reunión do Consello Pastoral ás 21h.

O sábado 10 de decembro ás 16:30h. teremos o Festival de Nadal da Catequese.

O domingo 18 de Nadal ás 18h. teremos a Celebración dos 25 anos de párroco de D. Manuel Antonio Couceiro Cachaldora.

Anótate na sacristía!

Eucaristía do domingo 25 de Nadal ás 12:30h.

Eucaristía de Aninovo o domingo 1 de xaneiro ás12h.

Eucaristía cos Reis Magos o venres 6 de xaneiro ás 12:30h.

 

Pascua Xoven Arousa

Reunión do Secretariado o sábado 26 de novembro ás 10:30h.

 

Grupo Folclórico

Ensaios de baile e instrumentos os sábados de 17h a 18:30h. Infórmate no Obradoiro Cultural.