Comeza o curso 2022-2023

Parroquia:

O sábado 1 de outubro Reunión de catequistas..

O domingo 2 de outubro ás 10:30h. comezamos a catequese..

Podes descargar a inscrición-matrícula para a catequese parroquial  e entregala ás catequistas na sacristía.

Os pais dos rapaces que comecen este ano por primeira vez a catequese na nosa parroquia, deberán falar previamente co párroco.

Horario de despacho: os martes, mércores e xoves de 20:00h. ás 21:00h.

Prazo de inscrición: do 15 de setembro ao domingo 23 de outubro.

– O domingo 16 de outubro faremos con outras parroquias de Arousa unha peregrinación a Santiago de Compostela que rematará as 17h. coa eucaristía na Catedral. Infórmate na sacristía.

– Xa temos a lotería de Nadal na parroquia. Non esquezas comprala!

– Reunión Consello parroquial o sábado 22 de outubro ás 21:15h.


Asociación Cultural:

  • Luns 24 de outubro ás 20h. teremos unha charla sobre a factura eléctrica e o aforro no consumo.

Pascua Xoven Arousa:

– Reunión do Secretariado da Pascua Xoven o sábado 24 de setembro.

– Reunión do Grupo Font-Xunq da Pascua Xoven o sábado 29 de outubro ás 20:30h.

 

Grupo Folclórico:

– Os sábados ás 17:00h  o Grupo Folclórico terá os seus ensaios no Obradoiro Cultural.

 
Anímate e ven a gozar con nós dos cantos, música e bailes tradicionais.