Festas Patronais 2022

Estamos de festa!

Como todas as últimas fins de semana do mes de maio e despois de santa Rita, celebramos as nosas festas patronais.

Pouco a pouco imos recuperando a «vella normalidade» as nosas vidas, e como non podía ser doutra forma, a parroquia tamén.

Este ano teremos as procesións, as alfombras florais…. aínda que imos paseniño, con ilusión e moito sentidiño.

Estes son os actos programados:

Sábado 28 de maio:

  • Eucaristía ás 20:30h. na honra da nosa patroa a Virxe da Xunqueira coa presenza do noso Grupo Folclórico.

Domingo 29 de maio:

  • Eucaristía ás 10:30h. Primeiras Comuñóns.

Eucaristía ás 12:30h. Misa do Santísimo cantada pola coral Santa Eulalia e A Nosa Señora da Xunqueira e a continuación a procesión coa presenza do noso Grupo Folclórico e a Banda de música de Vilagarcía.

«Imos paseniño, con ilusión e moito sentidiño»

 Imaxes das Festas:

Festas_2022_001

Image 1 De 71