O pasado domingo 14 de outubro celebrouse a XVIII Convivencia das Cáritas de Arousa. Este ano a parroquia anfitriona foi Santa María de Godos.
A eucaristía foi presisdida como é costume polo noso arcebispo Mons. Julián Barrio Barrio e concelebraron 11 sacerdotes do arciprestazgo.
Despois da misa tivemos unha sinxela merenda coma pretexto para a convivencia e o intercambio de experiencias entre todos os voluntarios.
Deus caritas est!