III Domingo de Advento

No III domingo de Advento recibimos a carta pastoral do noso arcebispo D. Xuilián Barrio Barrio na que, entre outras cousas, escribe o seguinte:

“… propoño a todos os diocesanos que o 18 de decembro, venres da terceira semana de Advento, sexa un día de xaxún, vivido con actitude profundamente espiritual, ofrecendo cada familia unha axuda económica que considere posible, a Cáritas diocesana para que esta poida socorrer algunhas das necesidades dos pobres e marxinados. Por outra banda, rogo que o día 30, véspera da Apertura da Porta Santa, ou na data máis próxima que pareza conveniente pastoralmente, na Catedral, nas igrexas parroquiais e nos centros de culto de Comunidades Relixiosas téñase un acto de adoración ao Santísimo, -unha hora santa- no momento máis oportuno…”

Recordámosvos que continuamos coa “Operación Quilo” para axudar aos máis necesitados da parroquia.
Podedes colaborar traendo as vosas bolsas con alimentos á sacristía para así facer que todos poidamos pasar unhas boas festas. Grazas de antemán.

Deixámosvos aquí o Evanxeo do III domingo de Advento

{slideshare}[slideshare id=2683220&doc=adventoiii-091209095204-phpapp01]{/slideshare}

Recorda tamén que aínda podes participar no I Concurso de beléns.