Xuntanza Airiños I

Trinta anos despois, Airiños volve a ter unha xuntanza, e como non podia ser doutra forma, elixen a nosa parroquia, a súa casa, para reunírense e falar dos novos proxectos que van levar a cabo.

O coordinador deste proxecto, José Luis Teófilo, o  noso párroco D. Manuel A. C. Cachaldora e o párroco fundador de Airiños e da nosa paroquia, D. Jaime Vaamonde, estarán presentes e agardan que os que son parte da historia de Airiños acudan a esta xuntanza para teren unha primeira toma de contacto, perfilar os detalles, e así poder recadar todo o material que teñades sobre o grupo.

Dende aqui queremos animar a todos os que formastes parte de Airiños a que asistades a esta xuntanza para que así, entre todos, poidamos facer aínda máis grande este proxecto.

Xa sabes, o venres 31 de xullo ás 21:30h. agardámoste!