O 4 de xullo, moitos fregueses da parroquia, xunto co coro e o grupo de baile e gaitas, fomos a Pontevedra, á Basílica de Santa María a Maior, que cumpre nada máis e nada menos que 1.000 anos. Coa intención de gañar o xubileu, a nosa Virxe da Xunqueira tamén nos acompañou; era a primeira vez que deixaba o noso templo, pero o motivo pagaba a pena. Fomos recibidos por Don Jaime Vaamonde e os seus fregueses dunha forma excepcional. Podedes ver algunhas imaxes de como foi a preparación e o encontro deste día tan especial na galería ou na páxina da pastoral de Santiago.
Grazas a todos os que colaborastes para que este fose un día inesquecible.
Deixámosvos este poema que se leu no descurso de benvida:
O peso dun Sí
Se a nota dixese:
Unha nota non fai melodía,
non habería sinfonía.
Se a palabra dixese:
unha palabra non pode facer unha páxina…
non habería libro.
Se a pedra dixese:
unha pedra non pode levantar unha parede…
non habería casa.
Se a gota de auga dixese:
unha gota de auga non pode encher un río….
non habería océano.
Se o home dixese:
un aceno de amor non pode salvar a humanidade…..
nunca habería xustiza, nin paz, nin dignidade,
nin felicidade sobre a terra dos homes.
Michel Quoist