A Delegación Diocesana de Pastoral de Xuventude organiza en Santiago, o mércores 1 e o xoves 2, unha homenaxe a Xoán Paulo II cando se cumpren catro anos do seu falecemento.
Un ano máis, coa ocasión da solemnidade de San Xosé celebramos O Día do Seminario. O cartel da campaña do presente ano ten como referencia o momento central da liturxia da ordenación sacerdotal. O Bispo, como sucesor dos Apóstolos, elixe (ese é o culme da vocación, que significa chamada) ao candidato, imponlle as mans como […]
Os días 29, 30 e 31 de maio de 2009 terán lugar as nosas festas patronais. Despois de moitos meses de traballo estamos ultimando o programa das festas. As festas son cousa de toda a parroquia; se podes, colabora! Grazas.
O Mércores de Cinza comeza a Coresma: Tempo de CONVERSIÓN a Deus, de cambiar o espírito e o corazón para recuperar a identidade de ser bos cristiáns e mellores amigos de Xesús. Tempo de CORENTA días de preparación, persoal e colectiva, para celebrar ben a Pascua,, a Resurrección de Xesús. Tempo de COMPROMISO, de recibir […]
