Grazas polas Festas 2009

Queremos dar as grazas a todos aqueles que desfrutastes e sobre todo participástedes activamente nestas festas patronais.
Esperamos que xa descansárades despois destes 3 días de festas: da actuación de teatro, das alboradas e bailes, da verbena, das celebracións e procesións, das marabillosas e bonitas alfombras florais.
Estamos a preparar unha recompilación de fotos das festas e das alfombras pero mentres, a modo de aperitivo, podedes ver xa algunhas das imaxes na galería festas 2009.
Tamén aproveitamos para dar as grazas ós que colaboraron dalgún modo nestas festas e sobre todo á comisión. GRAZAS!.