Este sábado día 22 de novembro, ao rematar a misa de Santa Cecilia ás 19:30h, cantada pola coral Santa Eulalia – A Nosa Sra. da Xunqueira, celebraremos o Magosto parroquial coa actuación do grupo de Baile e Gaitas da parroquia. A música e o baile acompañarán no Obradoiro Cultural ás ricas castañas. Agardámoste!
Archivos de Categoría: Parroquia novas
99 parroquias camiñando con «esperanza».. Neste ano xubilar as parroquias do arciprestado do Salnés prepáranse con catequeses xubilares, charlas, celebracións da penitencia e conferencias. Don Manuel Isorna (catedrático de psicoloxía na Universidade de Vigo) e don Antonio Rial (catedrático de psicoloxía na Universidade de Santiago) darán unhas conferencias en Caldas de Reis o venres 26 […]
A nosa parroquia alégrase destes 100 anos de vida do colexio San Francisco de Vilagarcía de Arousa, un dos 24 centros pertenecentes á Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas. O pasado luns o noso párroco estivo presente no Auditorio onde vivimos unha emotiva gala presentada por Sara Meijide, coa actuación da orquesta de pulso e púa […]
Parroquia: O sábado 4 de outubro Reunión de catequistas. O domingo 5 de outubro ás 10:30h. comezamos a catequese.. Podes descargar a inscrición-matrícula para a catequese parroquial e entregala ás catequistas na sacristía. Os pais dos rapaces que comecen este ano por primeira vez a catequese na nosa parroquia, deberán falar previamente co párroco. […]




