Xa non falta nada para que a fin de semana nos vexamos as caras!
Edición 52 da PASCUA XOVEN AROUSA
Este ano dende o Secretariado quixemos reflexionar sobre o tema da oración sintonizando cos previos ao vindeiro ano Xubilar en Roma.
Sabemos que a rapazada debe ser acompañada e motivada para descubrir o bonito mundo da interioridade e sintonizar dende dentro coas claves da oración como unha experiencia de amizade e intensidade con Aquel que nos ama dende sempre.
Os mozos tamén queren e necesitan rezar, orar, falar, escoitar e agradecer a ese Deus que é o noso Amigo para sempre.
HORARIO :
Sábado á tarde no colexio filipense teremos PASCUA – K – FE (Os Faladoiros)
3 Comunicacións diferentes, distintas, pero en sintonía e comuñón sobre a ORACIÓN o SILENCIO INTERIOR e o ACOMPAÑAMENTO
Irmá Paula Téllez, da comunidade do Císter de Armenteira
Brenda Rivas, Responsable e Animadora da Pascua Xoven Arousa
Alfonso, Debbe é… Hope House, Vilanova de Arousa
O sábado á noite celebraremos a Eucaristía nun ambiente festivo e xuvenil na nosa parroquia, moi participativa e musical, onde a batería e as guitarras eléctricas e acústicas xunto coas letras de hoxe, fan sentirnos que nós tamén somos igrexa. Este ano será presidida polo arcebispo Mons. Fco. José Prieto Fernández.
E sen máis, recibide unha gran aperta do Secretariado.
Imaxes da 52 edición da Pascua Xoven Arousa