D. Manuel, 25 anos como párroco

O domingo 18 de Nadal ás 18h. teremos a Celebración dos 25 anos de párroco, en San Pedro de Fontecarmoa e en A Nosa Señora da Xunqueira, de D. Manuel Antonio Couceiro Cachaldora.

Este acto comezará na parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira ás 18:00h. cunha eucaristía presidida polo noso Arcebispo D. Julián Barrio.

Ao rematar a eucaristía, todos aqueles que adquirimos o ticket antes do 11 de decembro na sacristía, poderemos disfrutar dun pincho no obradoiro cultural para continuar a celebración.

Anótate na sacristía!

IMAXES DO ACTO:

25_anos_parroco_001

Image 1 De 161

Outras datas de interese:

  • O venres 9 de decembro teremos Reunión da Asociación Cultural ás 20h.
  • O venres 9 de decembro teremos Reunión do Consello Pastoral ás 21h.
  • O sábado 10 de decembro ás 17:00h. teremos o Festival de Nadal da Catequese
  • O domingo 18 de Nadal a Luz da Paz de Belén chegará a nosa parroquia.
    Este domingo 18 de decembro non haberá misas ás 10:30h nin ás 12:30h. debido ás celebracións da Virxe da O en San Pedro de Cornazo, parroquia na que haberá misas ás 10h e ás 11:30h.

 

14º CONCURSO DE BELÉNS

Para participar no 14º Concurso de Beléns debes enviar unha foto do teu belén no que apareza unha imaxe dunha celebración túa na parroquia ou unha foto túa con D. Manuel (que este ano celebra os seus 25 anos como párroco)  á nosa dirección: parroquia@axunqueira.com
Lembra poñer no correo o teu nome e o curso da catequese, así coma tamén o nome da túa catequista.
Se participas no concurso, o día 25 de Nadal ás 12:30h. na eucaristía agárdache unha sorpresa.
Tes de prazo ata o 21 de Nadal de 2022.
 Esperamos o teu belén!

  • Eucaristía do domingo 25 de Nadal ás 12:30h.
  • Eucaristía de Aninovo o domingo 1 de xaneiro ás12h
  • Eucaristía cos Reis Magos o venres 6 de xaneiro ás 12:30h.

 

Grupo Folclórico

  • Ensaios de baile e instrumentos os sábados de 17h a 18:30h. Infórmate no Obradoiro Cultural.