A IL Pascua Xoven Arousa xa ten cartel!

Xa temos cartel para a vindeira Pascua 2022.

Este ano toca rematar os traballos da edición pasada e por iso, reflexionaremos sobre o coidado da nosa Casa común, o noso planeta Terra, a Creación; en sintonía coa Laudato Si do Papa Francisco, poñerémonos deberes concretos e faremos propostas avaliables para custodiar e protexer a nosa Aldea Global. Debemos deixar un planeta mellor para as novas xeracións, pero tamén mellores mozos para este planeta que estamos “destruíndo“.

Tema interesante e actual o desta 49 edición.

Vémonos na Pascua Xoven Arousa 2022!