Comeza o curso 2021-2022

Recorda: A madrugada do sábado 30 ao domingo 31 cambia a hora, ás 3:00h. serán as 2:00h.

Parroquia:

Este domingo 3 de outubro ás 10:30h. comezamos a catequese de forma escalonada e en diferentes quendas.

Podes descargar a inscrición-matrícula para a catequese parroquial  e entregala ás catequistas na sacristía.
Os pais dos rapaces que comecen este ano por primeira vez a catequese na nosa parroquia deberán falar previamente co párroco.
O 17 de outubro finaliza o prazo de inscrición para o curso catequético 2021-2022.

1ª Reunión de Catequistas 2021-2022

– A catequese de Confirmación comezará o xoves 28 de outubro ás 20:30 no Obradoiro Cultural.

 

Pascua Xoven Arousa:

– Reunión do Grupo Font-Xunq da Pascua Xoven o sábado 30 de outubro ás 20:30h.

– O secretariado da Pascua Xoven Arousa reuniuse o 2 de outubro e decidiu que o lema da Pascua Xoven Arousa 2022 sexa: “Agardo por ti” co tema do coidado da casa común, o planeta, e sobre todo dos máis vulnerables.

As celebracións relixiosas e a Catequese e as reunións de traballo faranse, sempre, cumprindo coas instrucións das autoridades sanitarias e eclesiásticas para o control da epidemia do COVID-19.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración, sensatez e prudencia.

COVID CartelXunqueira 1