Festas patronais 2021

Como todas as últimas fins de semana do mes de maio e despois de santa Rita, celebramos as nosas festas patronais e nesta ocasión, aínda baixo as limitacións e restricións impostas pola pandemia da Covid-19.

Sábado 29 de maio:

  • Eucaristía ás 20:30h. na honra da nosa patroa a Virxe da Xunqueira.

Domingo 30 de maio:

  • Eucaristía ás 10:30h. Primeiras Comuñóns.
  • Eucaristía ás 13:00h. Misa do Santísimo.

Recordamos que nestas festas non haberá pasarrúas, procesións, alfombras florais nin verbenas e as eucaristías serán cumprindo o aforo máximo permitido.

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración, responsabilidade, sensatez e prudencia.

Imaxes das festas patronais 2021: