Esta fin de semana, 16, 17 e 18 de abril, celebraremos a 48 edición da Pascua Xoven Arousa.
Tema: A nosa interioridade.
Slogan: RESET
Esta edición terá cambios e moitas modificacións como é obvio, dada a situación de pandemia que estamos a vivir.
Este ano só teremos un día de Xuntanza e con moitas restricións.
O sábado 17 de abril, chegaremos sobre as 11h. e será una miniconvivencia dunha xornada onde unha mínima representación de 35 a 50 pascueiros participará dun ambiente de traballo, xogo, ambientación e coma sempre, boa música.
Cada participante está identificado cunha pegata e terá un pequeño Kit anticovid persoal (máscara, xel hidroalcohólico…) ademais como é de sentido común, tomarase a temperatura a cada quen antes de entrar no recinto.
Será todo moi distinto ao non poder estar como en xornadas anteriores os 300 mozos, pero este ano temos que priorizar a saúde de todos e facer as cousas con máis con responsabilidade e sentidiño que nunca.
Antes da Eucaristía (19:30h.), que este ano será no Colexio das Filipenses como todas as restantes actividades, teremos o testemuño (16h.) que levará a cabo unha representación de Brotes de Olivo, grupo e familia musical de prestixio e renome en todos os ámbitos cristiáns do Estado, e moi coñecidos e valorados no panorama musical e nas ONGs e movimentos de acción social.
Sempre a Testemuña e mais neste ano con estes afamados artistas é un momento de “portas abertas”, pero as normas sanitarias e os aforos limitados, nos obrigan a coidar a saúde de todos, a ser moi esixentes e responsables.
Se alguén quere acudir, que se poña en contacto con nós.
Este ano é un pouco raro e distinto como xa sabemos todos.
Ben que o saben os que se dedican á música e ao mundo da cultura en xeral!
Grazas pola súa colaboración. Desculpen as molestias.
RESPONSABILIDADE, SENTIDO COMÚN, POR TI, POR TODOS
Galería de imaxes: