Mércores de Cinsa. Comeza a Coresma.

Coresma 2021

Mércores de Cinsa. Comeza a Coresma, un tempo para a oración, a reflexión e o xaxún.

Domingo 14 de marzo ás 12:30h eucaristía polo 8° aniversario do falecemento de Don Jaime Vaamonde, párroco fundador da parroquia.

Venres 19 de marzo eucaristía ás 12:30h.

Ás 19:00h teremos a eucaristía coa imposición da cinsa.

Neste tempo de Coresma, o Papa Francisco na súa mensaxe fala do xaxún, a oración e a limosna como as condicións e a expresión da nosa conversión. Tamén nos recorda que cada etapa da vida é un tempo para crer, esperar e amar.
 
O Arcebispo de Santiago de Compostela, D. Julián Barrio Barrio, na súa mensaxe invítanos a Vivir a fraternidade, dinos que  nesta Coresma se nos chama a vivir a experiencia da conversión como algo persoal cun corazón novo e deséxanos que teñamos un Bo camiño cara á Pascua!