Mañá sábado terá lugar en Santiago a celebración da chegada da Luz da Paz de Belén a Galicia, e este domingo 20 de decembro, acollémola na nosa parroquia.
Grazas aos scouts católicos, que este ano a trouxeron a de Madrid o pasado 13 de decembro, que a súa vez chega alí dende Viena (un neno scout de Autria encéndea en Belén, na cova da Natividade, e tráea ao seu país; dende alí, os scouts lévana o todos os rincóns do planeta). Toda unha celebración chea de sentido e simbolismo.
RECORA: Para participar no 12º Concurso de Beléns só precisas enviar unha foto do teu belén na que apareza este logotipo á nosa dirección: parroquia@axunqueira.com
Lembra poñer no correo o teu nome e o curso da catequese así coma tamén o nome da túa catequista.
Tes de prazo ata o 21 de decembro de 2020.
Esperamos o teu belén!