Esta fin de semana, 26, 27 e 28 de abril, celebraremos a 46 edición da Pascua Xoven Arousa. Esperámosvos!
O lema desta edición é: TI COMIGO, EU CONTIGO
O sábado 27 á tardiña teremos os Faladoiros:
– Escoitame, axúdame, quéreme….¿Cómo acompañar aos mozos de hoxe…?
Miguel De La Mata (Franciscano e Psicólogo)
– Acompañando aos peregrinos no camiño de Santiago. ¿Qué fai unha “monxa” de Madrid nun lugar como Arzúa?
Cristina Valea (Guaneliana)
– Acompañando nas pérdidas, no desamor, nas rupturas, en todo duelo….
David Viñas (Pascueiro)
E despois o testemuño que dará Álvaro Fraile.
Ás 23:30h. faremos o Camiño de Emaús e deseguido a eucaristía, concelebrada polos sacerdotes da zona e dos grupos participantes, na Xunqueira.