O secretariado xa seleccionou o cartel da Pascua Xoven de Arousa na súa cuadraxésimo quinta edición que se celebrará co colexio Filipense de Vilagarcía de Arousa os días 13, 14 e 15 de abril de 2018.
Este curso 2017-18 é moi especial para todos os pascueiros porque chegamos á edición número 45.
Eliximos nesta ocasión como tema a Música, co lema “ESCÓITAME”. O Secretariado, formado por todos os Responsables dos Grupos da nosa diocese, pon en valor con esta elección, un dos sinais da nosa identidade e acción pastoral.
Que sería da Pascua Xoven sen a música? Música rebelde, música de protesta, música alternativa, música litúrxica, música de compromiso e o máis importante: Que sería de nós sen a mensaxe de Xesús? A auténtica música para os nosas vidas e proxectos.
Bo traballo coas Fases e a escoitar boa música. ESCÓITAME!
Ven e disfrutarás!