A XLIV Pascua Xoven Arousa xa ten cartel!

O secretariado xa seleccionou o cartel da Pascua Xoven de Arousa na súa cuadraxésimo cuarta edición.

Cartel Pascua 2017

Xa temos cartel-slogan e 44 anos de existencia, casi nada!
Este ano achegámonos ao mundo virtual e as ditosas redes sociais para comprender as súas fortalezas e debilidades con espírito construtivo, rebelde e xuvenil.
Somos o que somos na rúa, no instituto, na parroquia e tamén na rede. Por certo e ti… de quen vés sendo?
Ven e disfrutarás!