XLIII Pascua Xoven Arousa: Achegádevos!

Esta fin de semana, 8, 9 e 10 de abril, celebramos a Pascua Xoven Arousa na súa 43 edición. Esperámosvos!

O sábado 9 á tardiña teremos os Faladoiros:

Acompañando con ternura e Paciencia Activa; todos somos (potenciais) enfermos!!! Ángela e David (educador social)

Acompañando aos nosos mozos dende abaixo e conectando coas súas dinámicas; todos queremos ser felices!!! Miguel de la Mata (Franciscano)

Acompañando neste mundo con misericordia e apostando por cada persoa. Rubén Iglesias (Cáritas Diocesana)

– Acompañando no cárcere; todos podemos cambiar e saír dos círculos viciosos!!! David Álvarez (cura rural)

E despois o testemuño que darán tres integrantes de “Pueblo de Dios” (Huelva), María, Óscar e Lorenzo, baixo o título: “Pasa y participa de lo que tuyo”.

A eucaristía será na Xunqueira ese mesmo sábado ás 23:00h.

Este ano a XLIII Pascua Xoven Arousa tratará o tema da misericordia co lema-slogan ‘A persoa é o primeiro‘.

Pascua Xoven Cartel 2016