Evanxeo do II domingo de Advento 6 de decembro de 2015
– Xa está á venda a lotería de Nadal da parroquia.
Pásate pola sacristía!
– Este domingo 6 de decembro ás 17:30h. teremos un histórico e solemne acto na parroquia: a Profesión perpetua da irmá filipense Silvia Martínez Palacín.
– Ás 18:30h, este domingo 6 de decembro no Auditorio de Vilagarcía, Cáritas convídanos ao seu XVIII Festival de Panxoliñas.
– O sábado 19 de decembro ás 16:30h. Festival de Nadal coas panxoliñas e representacións dos rapaces da catequese.
– O domingo 20 de decembro a Luz da Paz de Belén alumeará na nosa parroquia.
Trae a túa vela, o domingo 20 ás 10:30h. ou ás 12:30h, e alumea con esta luz o teu fogar no Nadal.
– Para participar no 7º Concurso de Beléns só precisas enviar unha foto do teu belén na que apareza unha foto ou un debuxo de San Francisco á nosa dirección: parroquia@axunqueira.com
Lembra poñer no correo o teu nome e o curso da catequese así coma tamén o nome da túa catequista.
Tes de prazo ata o luns día 21 de Nadal de 2015. Esperamos o teu belén!
Asociación cultural:
– Xa podedes ver algunhas imaxes das XII Xornadas de Fe-Cultura – Semana da parroquia
– O vindeiro sábado 12 de decembro ás 20:15h. Asemblea da Asociación Cultural
– O sábado 18 de decembro a partires das 17:30h. Festa dos maiores amenizada con músca e chocolatada.
Pascua Xoven:
– Na reunión do Secretariado do sábado 28 de novembro decidiuse o Cartel da XLIII Pascua Xoven Arousa: