PREPARANDO A PASCUA XOVEN AROUSA 2015 #SONFELIZ

O pasado sábado 31 de xaneiro, nunha mañá fría, reuniuse na Parroquia da Xunqueira, o secretariado da Pascua Xoven.


Cada día queda menos para o encontro do mes de Abril, como pasa o tempo!

Hoxe concluímola primeira fase. Nela os grupos puidemos traballar que entendemos por alegría, que cousas necesitamos para ser felices, que hai neste mundo que sexa imprescindible para alcanzala felicidade, e despois de momentos de indecisión dos adolescentes, chegaron á conclusión de que ben pouco nos fai falta para que a ledicia nos percorra a alma.

Tamén recibímolo segundo traballo, que profundizaremos dende hoxe ata a convivencia. Comeza a aproximación a Xesús, ao Evanxeo, e a “alegría do Evanxeo”.

Outra das tarefas desta mañá foi distribuílas responsabilidades da xuntanza de abril; cada grupo porase mans a obra ser alegres, e transmitir ledicia tamén na Pascua e, por suposto, na vida.

Deixando que o optimismo e, sobre todo, a alegría nos invadan, saudámosvos dende Arousa!

 

Ese mesmo día os músicos da Pascua Xoven de Arousa xa empezaron no Obradoiro da nosa parroquia os ensaios para quentar os motores…