Evanxeo do IV domingo de ADVENTO – 21 de decembro de 2014:
– Cáritas parroquial pon en marcha a Operación KILO para axudar aos máis necesitados da parroquia.
Na medida das túas posibilidades, COLABORA!
– A tarde deste venres 19 de decembro teremos a Festa dos Maiores coa actuación musical do grupo Quinta Avenida e unha gran chocolatada!
Ven ao Obradoiro a pasar a tarde con nós!
– Este sábado 20 de decembro ás 16:30h. no Obradoiro Cultural os rapaces da catequese farán o Festival de Nadal.
– Esta fin de semana do 20 e 21 de decembro chegará a parroquia a Luz da Paz de Belén este ano co lema «La llamada de la llama» que nos acompañará nas misas deste mes.
– Para participar no 6º Concurso de Beléns só precisas enviar unha foto do teu belén na que apareza unha foto ou un debuxo do Papa Francisco á nosa dirección: parroquia@axunqueira.com
Lembra poñer no correo o teu nome e o curso da catequese así coma tamén o nome da túa catequista.
Tes de prazo ata este luns día 22 de Nadal de 2014. Esperamos o teu belén!
Na misa do 25 de Nadal haberá unha sorpresa para os participantes. PARTICIPA!
– Misa de Nadal o 25 de decembro ás 12:30h.