Esta fin de semana, 25, 26 e 27 de abril, celebramos a Pascua Xoven Arousa na súa 41 edición. Esperámosvos!
O sábado 26 á tardiña teremos os Faladoiros:
– Retales de vida, relatos de amor, sen nostalxias nen temor. Elvira López (Sobradelo)
– De muller a muller: ¡aínda temos traballo por facer!. Milagros Zamora (Proxecto Home)
– O “xenio femenino” na Igrexa: ¡nai, irmá, amiga e mística!. Irmá Mercedes (Salesiana)
E despois o testemuño que dará a irmá Paula, da comunidade cistercense da Armenteira.
A eucaristía será na Xunqueira ese mesmo sábado ás 23:00h.
Este ano a XLI Pascua Xoven Arousa estará adicada á Virxe María co lema-slogan ‘ María de Nazaret , descúbrea‘.
Recorda que podes adquirir disco “GRAZAS” da Pascua Xoven Arousa.
Un recopilatorio dos hits máis pascueiros das catro décadas.
E ti, vas quedar sen o teu disco?
Este cd non ten prezo, o prezo posllo ti.
O que se recaude irá para proxectos de Cáritas.