Evanxeo do domingo 15-12-2013

Evanxeo do domingo 15 de decembro de 2013:

ADVENTO_3-Ide_a_contar-A-15-12-13.ppt


Parroquia:

– Xa podes participar no 5º Concurso de Beléns da parroquia so tes que:

1.– Facer a man a túa pequena Cruz da Parroquia. Podes utilizar: madeiras, papeis, aramios, pinzas…
2.– Colocala no teu Belén
3.– Sacarlle unha foto e enviárnola xunto co teu nome, curso e o nome da túa catequista a: parroquia@axunqueira.com
Para todos os prticipantes haberá unha sorpresa na Misa do 25 de Nadal. Lembra podes enviar o teu ata o día 22 de decembro.

– O sábado 21 de decembro no Obradoiro Cultural teremos o Festival de Nadal da Catequese a partir das 16:30h.
– Este mesmo sábado teremos ás 20:30h. reunión do Consello Pastoral

– A Luz da Paz de Belén chega este ano a España por Alicante o día 15 de decembro e dende alí irá a tódalas dioceses.
O noso párroco D. Manuel, que tamén é consiliario dos Scouts, estará presente o día 20 de decembro na celebración que acollerá a Luz en Galicia na parroquia dos Rosales en A Coruña.

A partires da fin de semana do 21 e 22 de decembro A Luz da Paz de Belén estará na Parroquia.

– Recordade que xá está a venda a lotería de Nadal da parroquia.
Podes comprala na sacristía ou nos estabelecementos colaboradores.Grazas pola túa colaboración.

Asociación Cultural:

 – Este venres 13 de decembro a partir das 17:00h. será a Festa dos Maiores no Obradoiro Cultural coa actuación dun grupo musical e unha chocolatada.
 – Este sábado 14 de decembro ás 20:30h. teremos reunión da Asociación Cultural «A Nosa Señora da Xunqueira»


Pascua Xoven:

– Na reunión do Secretariado do sábado 30 de novembro decidiuse o Cartel da XLI Pascua Xoven Arousa 2014