Primeiro CD musical da Pascua Xoven Arousa

Nesta 40 edición, o sábado 13 de abril á tarde, terá lugar a presentación do disco “GRAZAS” da Pascua Xoven Arousa.
Un recopilatorio dos hits máis pascueiros das catro décadas.

E ti, vas quedar sen o teu disco?

Este cd non ten prezo, o prezo posllo ti.
O que se recaude irá para proxectos de Cáritas.

Xa podedes ver algunhas imaxes da XL Pascua Xoven Arousa na galería