Evanxeo do domingo 18-11-2012

Evanxeo do domingo 18 de novembro de 2012:

{edocs}/archivos/2012/Confianza_e_esperanza-B-18-11-12.ppt,400,310{/edocs}

 

Xa podedes ás imaxes da expocsición de Cáritas: Voces contra a pobreza que estivo esta pasada semana no Obradoiro Cultural.

Avisos parroquiais:

PARROQUIA:
– O domingo 28 de outubro foi a presentación dos catequistas do curso 2012-2013.
– Reunión do Consello Pastoral o sábado 17 de novembro ás 20:30h.
– O venres 16 de novembro ás 20:30h. no Auditorio de Vilagarcía a Fundación Galega conta o Narcotráfico invítanos a súa Gala Anual de entrega dos premios Nécoras de Ouro 2012 na que tamén actuará o Coro Liceo de Vilagarcía de Arousa.
– Sábado 22 de decembro ás 16:30h. Festival de Nadal da Catequese.
– Recorda que xá está a venda a lotería de Nadal. Grazas por colaborar.

ASOCIACIÓN CULTURAL:
– O luns 19 de novembro ás 18:00h, a Asociación Cultural da parroquia e a Farmacia Rolán invítannos a unha charla-taller sobre nutrición infantil.
  A charla correrá a cargo de Lorena Álvarez Padín.
– Os dí­as 21, 22 e 23 de novembro ás 20:30h, no Obradoiro e grazas a nosa Asociación Cultural, terán lugar as IX Xordadas de Fe-Cultura,  a semana da parroquia.
– O magosto parroquial será o sábado 24 e novembro despois da misa das 19:30h.
– Venres 21 de decembro ás 17:30h. Festa dos Maiores.
– A Asociación Cultural tamén xa ten á venda a súa lotería de Nadal.
– Os xoves de 16:30 a 19:30 Curso de Bordado. Anótate na sacristía.

PASCUA XOVEN:
– O sábado 24 de novembro, ás 10:30h,  teremos Reunión do Secretariado da Pascua Xoven de Arousa que este ano cumpre a súa XL edición.
– Concerto solidario de Nadal 40 anos de Pascua Xoven Arousa o mércores 5 de decembro ás 20:30h. no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

GRUPO FOLCLÓRICO:
– Podedes ver ás fotos da actuación do grupo folclórico «A Nosa Señora da Xunqueira» na III Foliada Lembranza.
– O grupo folclórico «A Nosa Señora da Xunqueira» participou o pasado sábado 10 de novembro no Serán de Bamio.