Este ano cumprimos a 25 edición dos Campamentos parroquiais.
Nesta edición iremos a Abades, no concello de Silleda, preto das fervenzas do río Toxa.
Se algunha vez fuches aos nosos campamentos e queres recordar a experiencia e ver como son os campamentos de hoxe en día, invitámoste o domingo 24 de xullo a comer con nós en Abades. Anímaste?
Comenzaremos ás 11:30h cunha Eucarístía na igrexa parroquial de Santa María de Abades e logo unha churrascada con animación.
Contamos contigo?