Os próximos 6, 7 e 8 de maio, celebraremos a Pascua Xoven de Arousa na súa xa 38 edición.
O tema deste ano versa sobre a Pobreza co lema: “E ti tes para comer?”
Será unha fin de semana para a reflexión, o debate e a oración.
E todo iso como xa é costume, apoiado coa boa música e bo estilo xuvenil.
A parroquia de A Nosa Sra. da Xunqueira de Vilagarcía é a coordinadora do encontro.