A Cruz dos Xóvenes

A cruz dos xóvenes que o Papa Juan Pablo II regalou a estes en 1984, chega á nosa diocese e estará presente en moitos arciprestazgos. Tamén virá a Arousa o 29 de Nadal.

Ás 12h. do mediodía, acóllese na igrexa parroquial de Cambados; despois ás 17h. ven á nosa parroquia, de onde se acollerá cunha celebración festiva e pascueira. Os coros xuvenís, os grupos pascueirosda zona, o grupo de Cáritas e os catequistas están organizando dito encontro.

Invitamos a todos os xóvenes da zona e fregreses en xeral, a compartir con nós este momento histórico.

Esta cruz estivo xa nos cinco continentese sobre todo en países e lugares onde o odio, a guerra e a pobreza son o pan de cada día (por exemplo: o lugar das torres xemelgas e nalgúns lugares de África)

Adorar a Cruz de Cristo significa compartir as dores e sufrimentos dos nosos irmáns. Da Cruz á Gloria, co Calvario á Transformación interior. Quitemos dores e arrimemos o ombro. Sexamos cireneos.

Despois, ás 20h. en Santa María de Caleiro, terminaremos a xornada de adoración cunha misa concelebrada por tódolos curas do arciprestazgo.

Non faltes, participa e fai comunidade.

Felices Pascuas a todos.

Cartel Cruz dos Xóvenes

O mércores 29 de nadal vémonos na parroquia ás 17:00h. Non faltes!