Evanxeo do domingo 19-12-2010

Evanxeo do domingo 19 de nadal de 2010:

{edocs}/archivos/2010/Advento_4_Deus_connosco_19-12-10.pps,400,310{/edocs}

Cáritas de Arousa iniciou unha campaña de recollida de alimentos. Informáte na Sacristía.

Iniciamos o 2º Concurso de Beléns.
Decora o teu belén co logotipo de Cáritas (podes imprimilo, facelo de cartulina ou plastilina…) e sacalle unha foto.
Envíanos un correo coa fotografía a parroquia@axunqueira.com xunto cos teu nome e apelidos, o curso da catequese e o nome da catequista.
O día de Nadal, na misa das 12:30h, verás o teu belén e agardarate unha sorpresa. Participa!

Este venres, día 17 de nadal, teremos a gran festa dos maiores coa actuación musical dunha orquestra e fin de festa con chocolate e rosca.
Ven a bailar e a desfrutar a partir das 17:00h. no Obradoiro cultural.

E o sábado 18 de nadal será o Festival de Nadal da Catequese no Obradoiro Cultural ás 16:30h.
Este ano o festival estará amenizado polo mago Javier Muro. Non faltes!.

O 29 de nadal teremos a sorte de ter na parroquia a Cruz dos Xóvenes.
Continuaremos informando.