A fin de semana pasada (29, 30, 31 de outubro e 1 de novembro), celebrouse a 53ª Asemblea do MSC (Movemento Scout Católico) en Santiago de Compostela, coincidindo co Ano Santo. Asistiron 150 dirixentes do Movemento para debater e reflexionar sobre o seu método educativo, avaliar este ano e programar o seguinte. O noso párroco tamén asistiu, xa que é Consiliario Xeral dos Scouts de Galicia. Hai grupos scouts nas dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Ourense, Tui-Vigo e Santiago de Compostela, concretamente na nosa diocese hai 5 grupos.
O domingo celebraron a Eucaristía na Catedral, na misa do peregrino, a das 12:00h, onde tiveron a invocación ao Apóstolo que fixo a Presidenta do MSC: Noelia Palacios. E pola noite tiveron o “privilexio” de facer unha visita guiada pola catedral, xa pechada ao público.
Unhas imaxes da fin de semana: