A Secretaría de medios de comunicación do Arcebispado de Santiago de Compostela enviou unha nota de prensa na que, con motivo da visita do Papa a Santiago de Compostela, solicita o seguinte:
1.- Repique de campás ás 11.30h (chegada do avión papal) e ás 16.30h (comenzo da celebración eucarística na Praza do Obradoiro) en todas as igrexas da Arquidiocese.
2.- Queda suprimida a celebración de misas na cidade de Santiago de Compostela, dende as 16.30 ás 19.00h do 6 de novembro.
3.- Organizarase unha colecta para axudar aos gastos que conleva a Peregrinación e realizarase nas misas do domingo 10 de outubro e/ou nas vespertinas do sábado 9 de outubro, cuxo ingreso podráse entregar nas Oficinas do Arcebispado ou ben na conta: 2091 0300 44 3040136765 (O. P. de Caixa Galicia – Santiago).