Estamos en Festas

Portado do Libro das festas 2010

¡ESTAMOS DE FESTA!

O vernes 28 de maio ás 21:30h., o Taller de Teatro Clámide poñerá en escena “El amor es un potro desbocado” de Luis Escobar.

O sábado 29 de maio ás 16h. partido de Solteir@s e Casad@s.
Ese mesmo sábado ás 20:30h. misa solemne cantada pola coral A Nosa Sra. da Xunqueira e Sta. Eulalia.
A continuación, a procesión coa banda de música de Vilagarcía e sesión de baile e gaitas a cargo do grupo parroquial.
Á noite, verbena coas orquestras Passarela e Benidor.

O domingo 30 de maio ás 6:00h. comenzarán a facer as alfombras florais. Precisamos a túa colaboración.
Ás 10:30h. misa de comuñóns cantada polo coro xuvenil 10:30
Ás 12:30h. misa cantada pola Coral Polifónica de Sobradelo e despois procesión do Santísimo.
Ao rematar a procesión, concerto da Banda de Música.
Ás 18:00h. “Xogos para nenos”

Lembrámosvos que esta semana estamos no Obradoiro a partir das 16:00h preparando as flores para as alfombras.
Colaborade o tempo que vos sexa posible.
Entre tod@s as festas serán mellores.

Queremos dar as grazas a todas as persoas, entidades e empresas que colaboraron para poder realizar estas festas.
E sobre todo, moitísimas grazas á comisión de festas polo seu traballo incansable ao longo de todos estes meses.

¡Esperámosvos!