Cáritas con Haití

Cáritas Española anunciou no curso dunha teleconferencia celebrada onte a instancias da Secretaría Xeneral de Cáritas Internationalis, o envío urxente dunha partida de 175.000 euros para apoiar as operacións de emerxencia da Cáritas Haitiana para auxiliar as vítimas do terremoto rexistrado na illa.
Cáritas diocesana de Santiago, xa comprometeu unha primeira axuda de 30.000 euros ante esta situación de extrema urxencia nun país altamente vulnerable en condicións normais e en situación caótica neste momento. A presenza de expertos de Cáritas española sobre o propio terreo do desastre garante a orientación da axuda e a conexión constante con Cáritas Haití facilita a posibilidade de chegar directamente aos máis necesitados.
Invitamos a todas as parroquias da nosa diocese para que promovan unha Campaña especial de axuda con este motivo e enviamos os nosos números de conta para os posibles ingresos con este fin.

É moi importante que poña AXUDA A HAITÍ:

Campaña “CÁRITAS CON HAITÍ”

 BSCH  0049-2584-92-1010017670
 BBVA  0182-5947-14-0016570006
 CAIXA GALICIA  2091-0319-20-3040008096
 BANCO GALLEGO  0046-0001-29-0000701310
 BANCO PASTOR  0072-0134-44-0000100310