Grazas Ana

Este sábado, 9 de xaneiro, ás 17:00h. despediremos na parroquia a nosa amiga e compañeira Ana Acha.
Ela traballou por e para a parroquia dunha forma admirable durante moitos anos.
Ana formaba parte do Consello Pastoral como delegada da comisión das festas patronais, e tamén era a vicepresidenta da nosa Asociación Cultural.
Por todo iso e moito máis botarémola de menos.

Ana Acha

Por todo, simplemente dicirche: GRAZAS, ANA.
Descansa en paz.