Cáritas: Día dos sen teito 2009

O domingo día 22 de novembro, Cáritas inicia a campaña do día dos sen teito 2009:

A esperanza que temos en que todo ser humano poida desenvolverse en plenitude, en igualdade de oportunidades, podendo acceder aos dereitos sociais, económicos, culturais, … vénnos da loita diaria que pola xustiza, a igualdade de oportunidades, a solidariedade, … están a levar a cabo tantos homes e mulleres no noso país. Uns, chamados “os excluídos” ou “persoas en situación de exclusión”, e outros, voluntarios e contratados que acompañan, e son acompañados, polos primeiros.
Un ano máis, sen perder a forza e apostando contundentemente por iso, seguimos creando un espazo de reflexión, de debate e de denuncia coa Campaña do día dos sen Teito 2009.

Se queres máis información preme na imaxe.

 

 

 

 

Todas as persoas interesadas en colaborar con Cáritas interparroquial de Arousa, poden facelo na seguinte conta bancaria:

Conta de Cáritas

 

 Moitas grazas.