Inicio do curso 2009-2010

Comenzamos este novo curso que a Igrexa adica ós sacerdotes debido o 150 aniversario da morte do Santo cura de Ars, Juan María Vianney.

O inicio do curso catequético 2009-2010 será o vindeiro domingo 27 de setembro de 2009.
Pódeste inscribir dende o 13-09-09 ata o 11-10-09.
Descarga a inscrición e entrégaa na parroquia o domingo.

A catequese dos nenos de 1º de primaria a 2º da ESO será os domingos despois da misa de 10:30h.

O noso párroco participará nas Xornadas Sacerdotais que se celebran en setembro.

O secretariado da Pascua Xoven comezará a súa andaina o vindeiro sábado 26 de setembro.

O sábado 3 de outubro ás 16:30h. terá lugar a primeira reunión de catequistas.

O venres 9 de outubro comeza o curso cultural no obradoiro parroquial. 

O 12 de outubro celebrarase en Santiago de Compostela o XX aniversario das Xornada Mundial da Xuventude.
Nesta Xornada actuará Martín Valverde, podedes recoller as entradas na sacristía.

O xoves 15 de outubro ás 20:30h. primeira convocatoria dos moz@s do catecumenado de 1º e 2º de Confirmación.

O venres 16 de outubro no Obradoiro, actuación do Mago Martín.

O sábado 17 de outubro ás 20:00h. primeira reunión do grupo Xunq-Font da Pascua Xoven de Arousa.

Proximamente informaremos doutras datas de interese. Estade atentos aos avisos nas misas e aquí na web.