Festas Xunqueira 2009

Estamos a piques de rematar o curso catequético e temos por diante moitas datas de interese que podes consultar aquí.

Pero agora imos falar dos días 29, 30 e 31 de maio de 2009 nos que terán lugar as nosas festas patronais.
A partir do luns 18 de maio comenzamos a preparar as alfombras florais cortando a tulla, tinguindo o sal, recollendo a borra do café, deseñando os debuxos para que todo estea listo para a procesión do domingo ao mediodía. Se podes achégate e colabora, fan falta mans!

Este ano a crise fixo variar un pouco o programa, pero grazas a colaboración da xente, dos comercios e empresas, das institucións públicas e sobre todo ao esforzo, durante moitos meses de traballo, da nosa comisión xa esta aquí o programa das festas.

As festas comenzan o venres 29 ás 21:30h coa actuación do grupo de teatro Prixela e rematan o domingo ás 18:00h. cos xogos para os nenos.

Estades tod@s invitados a pasar 3 días de festa na Xunqueira.

Non faltes! As festas son de tod@s e para tod@s.