Un ano máis, coa ocasión da solemnidade de San Xosé celebramos O Día do Seminario.
O cartel da campaña do presente ano ten como referencia o momento central da liturxia da ordenación sacerdotal.
O Bispo, como sucesor dos Apóstolos, elixe (ese é o culme da vocación, que significa chamada) ao candidato, imponlle
as mans como signo de consagración e logo enviaralle a ser testemuña de Xesucristo e da súa mensaxe en medio dos seus irmáns.
O lema escollido foi nesta ocasión -por estar no ano xubilar paulino- unha frase que repetía de si mesmo o Apóstolo dos Xentís:
“Apóstolo por graza de Deus”.
Sublíñase así o feito de que a elección é unha graza, un privilexio e por iso, é motivo de gratitude.