O Mércores de Cinza comeza a Coresma:
- Tempo de CONVERSIÓN a Deus, de cambiar o espírito e o corazón para recuperar a identidade de ser bos cristiáns e mellores amigos de Xesús.
- Tempo de CORENTA días de preparación, persoal e colectiva, para celebrar ben a Pascua,, a Resurrección de Xesús.
- Tempo de COMPROMISO, de recibir por primeira vez ou renovar o bautismo, para levar unha vida ligados a Xesús de Nazaret.
- Tempo de RECONCILIACIÓN con Deus, de facer as paces con El e cos irmáns; de perdoar e deixarse perdoar. Deus é Pai misericordioso que nos ama sen límites.
- Tempo de DESERTO, de encontrarse con un mesmo e con Deus en solidade, en aillamento, sen obstáculos que nos distraian.
- Tempo de CAMIÑO para revisarse e asegurarse de que debemos mellorar a nosa vida cristiá.
- Tempo de ORACIÓN, de apertura a Deus para escoitar con atención a súa Palabra, tempo para rezar máis e mellor, para participar máis activa e frecuentemente na Eucaristía.
Como dixo o Papa Benedicto XVI na súa mensaxe para a Coresma, debemos ter unha actitude de acollida e atención cara aos irmáns, intensificando durante a Coresma a práctica do xaxún persoal e comunitario, coidando asimesmo a escoita da Palabra de Deus, a oración e a esmola. Ese foi dende as súas orixes, o estilo da comunidade cristiá.