O vindeiro sábado 21 de febreiro terá lugar a tradicional cea de Entroido da nosa parroquia. Se queres participar, non esquezas anotarte na sacristía. O bo humor, os disfraces e a festa están asegurados. Ven a bailar e participar con nós. Anótate!
O sábado 7 de marzo ás 20:00h. o grupo de Xunq-Font da Pascua Xoven de Arousa terá unha reunión no local parroquial. Non faltes!
O pasado 31 de xaneiro publicouse en La Voz de Galicia unha entrevista ao noso párroco D. Manuel na sección «Arousanos en su rincón». Dende axunqueira.com, invitámosvos a botarle unha ollada a esta interesante conversa. Deixámosvos un arquivo .pdf para a súa lectura. Entrevista a Don Manuel en La Voz de Galicia
O venres, día 19 de decembro de 2008, teremos a gran festa dos maiores coa actuación musical da orquestra «Azúcar» e fin de festa con chocolate e rosca. Ven a bailar e a desfrutar a partir das 16:30h. no Obradoiro cultural.
