O pasado domingo comenzou o Advento, un tempo de preparación e oración para chegar coas pilas cargadas ao Nadal, e estar espertos e atentos ao Nacemento de Xesús. Datas de interese: Venres 8 de decembro eucaristía da Inmaculada ás 12:30h. na Xunqueira. Antes, ás 11:30h. en Cornazo. Concurso de Beléns, o domingo 10 de decembro […]
Xa temos cartel para esta 51 edición da Pascua Xoven de Arousa, onde traballaremos o tema da Persoa e usando de Lema as palabras do Papa Francisco que tanto repetiu nos seus discursos na última Xornada mundial da Xuventude en Lisboa. Ademais nesta ocasión, usamos o código QR onde explicamos o sentido e as características […]
Despois de varios anos sen celebralo este sábado día 25 de novembro, ao rematar a misa das 19:30h. recuperamos o Magosto parroquial coa actuación do grupo de Baile e Gaitas da parroquia.. A música e o baile acompañarán no Obradoiro Cultural ás ricas castañas. Agardámoste! Recorda: Este sábado 25 de novembro tamén teremos reunión do […]
Parroquia: O sábado 7 de outubro Reunión de catequistas. O domingo 8 de outubro ás 10:30h. comezamos a catequese.. Podes descargar a inscrición-matrícula para a catequese parroquial e entregala ás catequistas na sacristía. Os pais dos rapaces que comecen este ano por primeira vez a catequese na nosa parroquia, deberán falar previamente co párroco. […]