Imos de festa!
Como todas as últimas fins de semana do mes de maio e despois de santa Rita, celebramos as nosas festas patronais.
Estes son os actos programados:
Venres 26 de maio:
- Ás 21:00h. Actuación do grupo de teatro «O Noso Lar» coas obras «El fotógrafo» e «Gañas de Berrar» no Obradoiro cultural.
Sábado 27 de maio:
- Alborada polo grupo folclórico A Nosa Señora da Xunqueira e Os Terribles de Arousa.
- Ás 20:30h. Misa Solemne á nosa patroa cantada pola coral «A Nosa Señora da Xunqueira – Santa Eulalia» e a continuación procesión acompañada do Grupo Folclórico «A Nosa Señora da Xunqueira».
- Ás 22:30h. Verbena a cargo do grupo «Son d´Vigo».
Domingo 28 de maio:
- Eucaristía ás 10:30h. Primeiras Comuñóns cantadas polo Coro Xuvenil.
- Eucaristía ás 12:30h. Misa do Santísimo cantada pola «Coral polifónica de Cornazo» e a continuación a procesión coa presenza do noso Grupo Folclórico e a Banda de Múúsica de Vilagarcía.
«Imos paseniño, con ilusión e moito sentidiño»
Imaxes das Festas: