O primeiro domingo de cada mes nesta parroquia, como en todas as do arciprestazgo de Arousa, a colecta das misas vai destinada a Cáritas. Colabora na medida das túas posibilidades.
O vindeiro sábado 21 de febreiro terá lugar a tradicional cea de Entroido da nosa parroquia. Se queres participar, non esquezas anotarte na sacristía. O bo humor, os disfraces e a festa están asegurados. Ven a bailar e participar con nós. Anótate!
O sábado 7 de marzo ás 20:00h. o grupo de Xunq-Font da Pascua Xoven de Arousa terá unha reunión no local parroquial. Non faltes!
O pasado 31 de xaneiro publicouse en La Voz de Galicia unha entrevista ao noso párroco D. Manuel na sección “Arousanos en su rincón”. Dende axunqueira.com, invitámosvos a botarle unha ollada a esta interesante conversa. Deixámosvos un arquivo .pdf para a súa lectura. Entrevista a Don Manuel en La Voz de Galicia